martes, 23 de febrero de 2010
DÍA DE INTERNET SEGURA
Publicado por
Ana Martínez
en
0:01
0
comentarios
Etiquetas: INTERNET SEGURA
jueves, 18 de febrero de 2010
UNHA OLLADA AO CEO DE INVERNO
Hoxe fomos cos rapaces e rapazas de Educación Infantil e de Primeiro á aula ambiental de Reciclaterra a botar unha ollada ao ceo de inverno e coñecer moitas cousas sobre o universo. Coa axuda dun gran telescopio ollamos a LÚA, ¡qué bonita! parecía case que podíamos collela coa man. Tamén vimos Marte .Despois no interior do recinto, aprendimos moitas cousas gracias o programa STELLARIUM : que había estrelas, que se xuntaban en constelacións, as galaxias, as nebulosas, a Vía Láctea, vimos a Perseo, a Cefeo, a Casiopea, a Andrómeda, a Pegaso,... Cando saimos fora, xa era de noite e poidemos observar a Sirius, a Orión,... pero tamén observamos a gran contaminación lumínica debida as luces das cidades.
Publicado por
Ana Martínez
en
23:45
0
comentarios
Etiquetas: ASTRONOMÍA, INVERNO
domingo, 14 de febrero de 2010
FELIZ DÍA DE SAN VALENTÍN
San Valentín goza de moita popularidade sobre todo nos países de fala inglesa pero tamén en boa parte de todo o continente europeo incluída España. É unha oportunidade ideal para demostrarlles amor a todos os nosos seres queridos: familia, amigos, ... Desgraciadamente, os grandes centros comerciais aproveitan para facer do 14 de febreiro un gran día de consumismo ao estilo do Nadal.
e tamén a Piolín facendo de Cupido para que o poidades colorear.
Publicado por
Ana Martínez
en
0:01
0
comentarios
Etiquetas: DÍAS ESPECIAIS, SAN VALENTIN
lunes, 8 de febrero de 2010
SORRÍ, XA É ENTROIDO!

Un ano máis, regresa o Entroido e con el as cores, as máscaras, os disfraces, ... Un ano máis os nenos e nenas e por que non, tamén os maiores, sairemos á rúa convertidos, a través dun disfraz, nese personaxe que sempre desexamos ser. Un ano máis, voltaremos a rirnos daquel paiaso, miraremos con tenrura aquela princesiña... e nos asustaremos ante aquel horrible zombie, monstruo ou pantasma!!! Entroido é música, cor e fantasía e tamén é historia e tradición.SORRÍ, chegou o Entroido, e con el, unha das festas máis divertidas do ano.
E para divertirnos nestas datas aquí vos deixo un xogo no que lle tedes que poñer a cada personaxe o sombreiro axeitado...
Publicado por
Ana Martínez
en
16:25
0
comentarios
Etiquetas: ENTROIDO
miércoles, 3 de febrero de 2010
UN CONTO DE INVERNO
Na páxina web "Cuentos para dormir" cuio enlace tedes na imaxe de arriba, podemos atopar moitos tipos de contos para oír e ler tanto en español como en inglés: contos clásicos , contos para educar en valores, ... Entre estes últimos, atopei o conto: "O paxariño preguiceiro" que trata dun paxariño que por preguiceiro ten que pasar o inverno só e nos ensina que a preguiza termina afectando negativamente a moitos aspectos da vida e que só podemos combatila con previsión e dilixencia.Aquí vos deixo unha presentación que fixen de dito conto que espero que vos guste.
Publicado por
Ana Martínez
en
23:00
0
comentarios
Etiquetas: contos, educación en valores, INVERNO, PREGUIZA





