martes, 22 de junio de 2010

FELICES VACACIÓNS E ATA PRONTO!

Na praia ou na montaña, na terraza ou no patio de casa; as vacacións son para disfrutalas, así que refrescádevos como queirades e recargade as pilas para o próximo curso no que como xa sabedes a maioría, eu non estarei. Botareivos a todos de menos, aos "pekes" e non tan "pekes", aos compañeiros e compañeiras, ... en fin, as despedidas non son o meu así que,
UN BIQUIÑO MOI GRANDE PARA TOD@S (seguiremos en contacto por suposto)


MOI FELICES VACACIÓNS!


E como non, aquí vos deixo para que vos entreteñades os días que non veñan de praia (que por desgracia serán os máis) este libro Edilim sobre o verano e os Cadernos de Pasatempos da Xunta de Castela e León.







sábado, 19 de junio de 2010

UN GOL POLA EDUCACIÓN


Con ocasión da Copa do Mundo da FIFA de 2010, a Campaña Mundial pola Educación (CME), respaldada polo mundo futbolístico e o equipo directivo da FIFA, inicia a a campaña 1 GOL, co obxecto de compremeter aos líderes mundiais, xunto a futbolistas e persoas afeccionadas de todo o mundo, a que unan esforzos para lograr un impulso definitivo na consecución da “Educación para todos e todas”.

O plan é o seguinte: de aquí á Cumbre sobre Educación, afeccionados e afeccionadas, seguidores e seguidoras de 1 GOL pola educación escribirán en tarxetas amarelas miles de mensaxes que se lle darán en man aos líderes mundiais.

Todos xuntos, lle faremos chegar a mensaxe de que o gol que temos que marcar é educación gratuita de calidade para cada rapaz e rapaza do mundo
porque a educación é a chave para axudar a países enteiros a romper o ciclo da pobreza, asegurando que todas a nenas poidan crecer como iguais e ofrecendo a cada neno unha oportunidade xusta na vida. Pero na actualidade 72 millóns de nenos e nenas non poden ir á escola e 1 de cada 4 mulleres no mundo non pode ler esta mensaxe. Por iso, esta iniciativa é a nosa oportunidade para demostrarlle aos líderes mundiais que cando se trata de asegurar que todos os rapaces e rapazas do mundo teñan a oportunidade de aprender, a afección mundial toma partido pola educación.


Si queredes cubrir a vosa tarxeta amarela para que a editen hoxe mesmo premede na imaxe de abaixo:

E se queredes xogar á Copa do Mundo, aquí vos deixo este xogo. Elexide selección e superade a todos os vosos rivais. Usade as frechas do teclado para movervos, o "X" para facer os pases e o C para chutar a portería.



lunes, 14 de junio de 2010

IMOS RECICLAR POR UN PLANETA MELLOR


Hoxe tocoulle o turno aos nenos e nenas do primeiro ciclo de Primaria facer papel reciclado coa axuda da incansable profe Feli. Trátase dun proceso moi sinxelo que podemos facer na casa , iso sí, coa axuda e vixilancia dun "maior". Primeiro temos que cortar papeles pequeniños e poñelos uns cantos días en auga. Logo batemos coa batedora (un adulto por suposto porque é moi perigoso) ata formar unha mestura máis ou menos grosa. A continuación metemos o molde ata o fondo da tina e o subimos . Deixámolo escorrer un pouquiño, lle poñemos encima un papel de xornal e listo para darlle a volta. Agora só nos queda secar toda a auga que sobra cunha baeta e cando vexamos que xa non hai máis, con moito coidado levantamos o molde e .... por arte de maxia aparece o noso papel que dentro duns días estará enxoito e poderemos despegar do xornal.


QUEREDES VER COMO O FIXEMOS?




domingo, 13 de junio de 2010

O MEU MUNDO EN PALABRAS

"MI MUNDO EN PALABRAS" é unha páxina moi interesante e entretida para apoio na área de Lingua no 1º Ciclo de Primaria. Está formado por 10 bloques temáticos cada un de eles con catro tipos de actividades e pasatempos que xiran en torno á lectoescritura. Moi recomendable.



miércoles, 9 de junio de 2010

pequeTIC

PequeTic é unha aplicación que serve para iniciar aos máis pequenos no manexo do ordenador. Ten actividades sobre números, letras, animais, o medio que nos rodea e as persoas. Algunhas delas coma o tangram, escribir palabras ou reciclar tamén poden ser utilizadas en primeiro.


sábado, 5 de junio de 2010

COIDAR O MEDIOAMBIENTE É TAREFA DE TODOS

Dende 1973, cada 5 de xuño todos os habitantes da terra temos un día para celebrar, reflexionar e levar a cabo medidas de acción sobre o medioambiente, o seu coidado e as repercusións que as nosas actividades cotiás e de recreacións teñen na composición natural do noso planeta.
Si todos contribuímos, o noso planeta poderá ser un lugar san e agradable donde vivir e no futuro no teremos que ver imaxes coma esta:


(Por Forges para o xornal O PAÍS)

"ADICADE AO MEDIO AMBIENTE O ANO ENTEIRO NON SÓ UN DÍA AO ANO"

Na área infantil do Ministerio de Medio Ambiente, podemos atopar xogos para divertirnos e tamén axudar a coidar o noso planeta. Clica na imaxe de abaixo para acceder.


jueves, 3 de junio de 2010

A CEBRA CAMILA

Hoxe imos de excursión cos rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primer Ciclo de Primaria ao Torrente Ballester a ver a obra de teatro: "A CEBRA CAMILA", baseada no fermoso libro do mesmo nome da Editorial Kalandraka. Por si non o coñecedes, aquí vos deixo este libro LIM onde podedes ler e escoitar o conto e tamén facer actividades ou xogos relacionados con el. Xa sabedes que clicando arriba á dereita vese en pantalla completa. Espero que vos guste.






martes, 1 de junio de 2010

XOGAMOS COA LECTOESCRITURA

En "ESCOLA LLIUREX" da Generalitat Valenciana atopamos dous paquetes de xogos didácticos interactivos dirixidos ao alumnado de Educación Infantil é tamén de 1º de E.P. que poden ser utilizados na PDI (pizarra dixital).
Por unha banda, "LETRAS DE COLORES" que traballa cada un dos aspectos que interveñen no proceso lectoescritor.


E pola outra "BICHOS" onde seguindo o fío condutor de pequenos bichos, se traballan conceptos básicos de lectoescritura e matemáticas, ademais de entrenar no manexo do ordenador no seu conxunto : ratón (movemento, clic e arrastre) e teclado.