lunes, 25 de enero de 2010

2010 ANO DO LIBRO E DA LECTURA EN GALICIA



Ademais do Xacobeo, o 2010 foi declarado pola Xunta Ano do Libro e da Lectura. A programación deste ano inclúe proxectos de animación cultural, conmemoracións e congresos, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escrita, así como iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas.


Dende aquí, para axudar a fomentar o gusto pola lectura vos deixo estes recursos: contos e lendas ilustrados por e para nenos, a máquina de facer contos de Pancho, e como non, non podía faltar a visita a unha biblioteca dixital.






jueves, 21 de enero de 2010

CANCIÓN DE INVERNO

Cando a "profe" Ángeles chegou ao colexio ensinounos un montón de cancións coma esta do inverno. Aos rapaces e rapazas gústalles moito. Facemos un corro e andamos ... corremos ... corremos ... e andamos...




Si poño a bufanda ...
anda que te anda,


si poño o gorro...
corro que te corro,

si poño o abrigo...
corre que te pillo,

si poño os guantes...
ando como antes.


Déixovos o libro de actividades do Inverno, espero que vos guste e sexa útil para traballar cos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria.


e tamén outra canción do inverno, do dinosaurio Barney , que está en castelán e se titula : "EL FRÍO LLEGÓ"


sábado, 16 de enero de 2010

AFORRANDO ENERXÍA


Esta semana chegou ao noso colexio a primeira exposición da asociación LAPIS VERDES: "AFORRANDO ENERXÍA" con ilustracións do pintor LEANDRO LAMAS. Con ela, tal e como eles din: “pretendemos concienciar ao alumnado e público en xeral sobre o problema real do cambio climático e, modestamente, axudar a mellorar o planeta".
En xeral, os cidadáns non somos conscientes de que a enerxía é un ben escaso e limitado, e por iso, debemos facer caso á máxima que di que a mellor enerxía de todas é a que NON se consome.

Aprende a aforrar enerxía con este xogo que te propoño: Tes que apagar todas as luces e aparellos que atopes nas diferentes habitacións do colexio, antes de que consuman demasiada enerxía.

Tamén no CLUB DE WATTO, con sección para pais e educadores, hai actividades e xogos baseados na enerxía eléctrica, a súa aplicación cotiá e o seu aforro.

lunes, 11 de enero de 2010

E CHEGOU O INVERNO

... e con el, as nubes grises, a chuvia, o xeo, a neve,... O frío invítanos a estar máis recollidos e quentiños dentro da casa pegados á estufa. Para ir ao colexio poñémonos o abrigo,a bufanda,os guantes e un gorro de lá. E ... pode chover, pode nevar que neste inverno, frío, non imos pasar.
Aquí vos deixo un conto de Eva Alonso sobre o Inverno de Vivaldi:

E como non nos apetece saír da casa, tamén vos deixo un xogo. Tedes que axudar ao pingüín a darlle de comer as focas.


martes, 5 de enero de 2010

XA VEÑEN OS REIS ...

En España é habitual que na víspera do día de Reis se celebre unha gran cabalgata. Nela podemos disfrutar vendo estupendas carrozas desde as cales lanzan caramelos. Pero sin dúbida a parte máis importante é a chegada dos REIS MAGOS montados nos seus camellos e acompañados polos seus paxes e todo, para celebrar unha noite chea de maxia.
Preguntarasvos como é posible que as súas Maxestades os Reis de Oriente poidan estar en tantas cabalgatas á vez pero a resposta é moi sinxela: son grandes Magos, polo que posúen o poder de estar en varios sitios á vez.
Pois ben, trala cabalgata hai que chegar cedo a casa. Os Reis están de camiño e deben comezar canto antes, xa que hai moitos regalos que repartir. Así que, limpade ben os vosos zapatos, tómade un vaso de leite quente e ¡A DURMIR! Si fúchedes bos e boas este ano, os Reis serán xenerosos. Pero lembrade que dende agora mesmo debedes portarvos ben; sempre hai alguén en Oriente vixiándonos e darán boa nota ás súas maxestades ao seu regreso a casa .
¡¡FELIZ DÍA DE REIS!!





Como os camellos están moi velliños e cansos e xa non lles quedan forzas para entregar os xoguetes nunha soa noite, os Reis Magos decidiron buscar unha solución para poder entregar os regalos a tempo. Por iso cambiaron as súas monturas polo TURBO JET PACK 3000, unha mochila voadora que funciona con po de estrelas.