miércoles, 21 de diciembre de 2011
CONTOS DE NADAL
Publicado por Ana Martínez en 0:08 3 comentarios
lunes, 19 de diciembre de 2011
FELICITACIÓN NAVIDEÑA CON PREMIO!!!!!!!!!
Por segundo ano participamos no Concurso de Presentacións Electrónicas de Nadal que convocou a Secretaría Xeral de Política Lingüística e ... POR SEGUNDO ANO GAÑAMOS O SEGUNDO PREMIO.
No meu blog AULATIC, tedes a tarxeta en CASTELÁN para todos aqueles que nos visitades que non sodes de aquí.
Publicado por Ana Martínez en 1:36 2 comentarios
miércoles, 14 de diciembre de 2011
MÁIS RECURSOS DE NADAL
Publicado por Ana Martínez en 16:22 3 comentarios
Etiquetas: NADAL
jueves, 8 de diciembre de 2011
XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!
Publicado por Ana Martínez en 11:52 3 comentarios
jueves, 23 de diciembre de 2010
FELIZ NADAL
Publicado por Ana Martínez en 17:39 0 comentarios
jueves, 9 de diciembre de 2010
CHEGOU O NADAL
Publicado por Ana Martínez en 20:06 0 comentarios
martes, 5 de enero de 2010
XA VEÑEN OS REIS ...
¡¡FELIZ DÍA DE REIS!!
Publicado por Ana Martínez en 12:00 0 comentarios
jueves, 31 de diciembre de 2009
¡FELIZ ANO 2010!
Que nunca vos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar a onde ir e alguén a quen querer. ¡FELIZ ANO 2010!
Publicado por Ana Martínez en 21:00 0 comentarios
sábado, 26 de diciembre de 2009
ESTAMOS DE VACACIÓNS
Publicado por Ana Martínez en 18:16 0 comentarios
Etiquetas: NADAL
jueves, 24 de diciembre de 2009
HOXE É NOITEBOA
Hoxe é Noiteboa e a maioría de nós o celebraremos ceando en familia, con platos especiais acompañados de todo tipo de doces navideños : turróns, polvoróns, mantecados,...
Aínda que no noso país tradicionalmente foron sempre os Reis Magos os que viñan cargadiños de regalos, cada vez máis estase introducindo o costume de recibir regalos de Papá Noel durante o día de Nadal. Pero,¿quen é Papá Noel?
Papá Noel , tamén chamado San Nicolás, ten o seu taller de xoguetes na Colina da Orella (preto de Rovaniemi, en Finlandia), que recibe este nome porque, dende alí, pode oír a todos os nenos do mundo e saber que xoguetes queren e si se portan ben ou mal. Os elfos o axudan na fabricación dos xoguetes pero el mesmo e o que se encarga de repartilos, montando no seu trineo tirado por oito renos liderados por Rudolf, o reno do nariz vermello.
Como hoxe pola noite vai a ter moito traballo, primeiro ten que ponerse ben guapo, por iso imos axudalo a vestirse ...
ensinarlle o camiño polo que ten que ir para ir recollendo os regalos ...
e tamén a repartilos polas chimeneas das casas, pero temos que ter coidado porque se non guiamos ben a Papá Noel se pode lastimar.
Publicado por Ana Martínez en 0:01 1 comentarios
Etiquetas: NADAL
martes, 22 de diciembre de 2009
FELICITACIÓN DE NADAL
Dende aquí, quero desexarvos a todos/as que teñades unhas MOI FELICES FESTAS e que disfrutedes destas vacacións en familia.
UNHA FORTÍSIMA APERTA
Clicade na imaxe e despois no botón da máquina do tempo para ver como Papá Noel e os seus renos nos felicitan o Nadal en distintos momentos da historia.
Publicado por Ana Martínez en 13:25 1 comentarios
Etiquetas: NADAL
sábado, 19 de diciembre de 2009
¿SABÍAS QUE...?
¿Sabías que ... a árbore de Nadal, foi un costume orixinado nas zonas xermanas, que posteriormente extendeuse polo resto de Europa e América?
¿Sabías que ... as tarxetas de Nadal se comezaron a utilizar a partires do 1846, ano no que se imprimiu a primeira postal en Londres?
¿Sabías que ... nalgúns países como Italia, existe a lenda da meiga Befana, que estaba varrendo a súa casa cando pasaron os Reis Magos hacia o pesebre de Belén? Invitárona a ir con eles, pero a meiga non quixo acompañalos e despois arrepentíuse. Por iso, a Befana sae cada ano a repartir regalos, en busca do Neno Deus, como sinal de arrepentimento.
Publicado por Ana Martínez en 19:00 0 comentarios
Etiquetas: NADAL
jueves, 17 de diciembre de 2009
CONTO DE NADAL
O Nadal tráenos lembranzas da nenez,dos seres queridos que xa non están con nós, trae luces, agasallos e tamén historias e contos que se multiplican co tempo. O Nadal fainos máis sinxelos, tenros, e por que non? Tamén máis nenos. A través dos seus contos, os grandes revivimos aqueles máxicos momentos da nosa infancia e fabricamos o recordo dos máis pequenos. É unha oportunidade única para cultivar valores tan importantes como a bondade, a solidariedade e o amor.
O Nadal tamén e época de xogos, de momentos compartidos. Así que neste Nadal, deixemos un momento de lado as nosas tarefas e concedámonos un tempo para disfrutar cos nosos fillos e xogar con eles. Podemos facer música apretando as narices dos renos ...
ou xuntar tres ou máis figuras iguais en horizontal ou en vertical, pero apurade tan só teredes tres minutos para facelo.
Publicado por Ana Martínez en 0:49 1 comentarios
martes, 15 de diciembre de 2009
PAPÁ NOEL E RUDOLPH
Algunha vez vos preguntáchedes, que facían Papá Noel e Rudolph, cando non están repartindo xoguetes? Pois ... mirade, mirade e non perdades detalle.
Bromas aparte, xa restan só dez días para que chegue o día de Nadal e mentras esperamos que mellor que xogar un pouquiño. Vos animades a colorear e a facer este divertido puzzle?
Publicado por Ana Martínez en 9:00 0 comentarios
Etiquetas: NADAL
miércoles, 9 de diciembre de 2009
O VERDADEIRO SENTIDO DO NADAL
Estamos a poucas semanas do Nadal. O ambiente navideño séntese cada día con máis forza. Os rapaces e rapazas son os máis entusiasmados. Contan ansiosos os días para que chegue o 25 de decembro e poidan abrir os seus esperados regalos. Aquí é cando debemos recordarlles que os regalos non son o máis importante destas datas senón que o máis importante é poder disfrutalas coa familia .Ou non?
E para que disfrutedes en familia aquí vos deixo estes dous xogos. Para o primeiro necesitaremos ter unha boa memoria visual e ser moi rápidos xa que si cometemos erros os regalos se moverán de sitio e nolo poñerán máis difícil . Para o segundo precisaremos ser moi hábiles pois poderemos decorar unha árbore de Nadal, un boneco de neve ou a Papá Noel pero dunha forma un tanto especial.
Publicado por Ana Martínez en 1:49 1 comentarios
Etiquetas: NADAL
viernes, 4 de diciembre de 2009
ACHÉGASE O NADAL
Publicado por Ana Martínez en 1:56 0 comentarios
Etiquetas: NADAL