martes, 23 de febrero de 2010

DÍA DE INTERNET SEGURA



Como cada ano, no mes de febreiro , celébrase o DÍA DE INTERNET SEGURA para promover en todo el mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores e xóvenes. Este ano co eslogan ¡PÉNSAO ANTES!, está adicado ao uso de imaxes e contidos en Internet, especialmente no que se refire á difusión de imaxes e contidos non apropiados por parte dos xóvenes e menores. Está impulsado pola Comisión Europea e organizado por Insafe (Rede Europea por unha Internet Segura) e outras organizacións de máis de 60 países ( en España pola Asociación Protéxeos).

O Consello de Europa propónnos o xogo: " A través do WILD WEB WOODS" ( a súa traducción sería A través do Bosque Salvaxe da Web) como parte do programa: "CONSTRUÍR UNHA EUROPA PARA E COS NEN@S". Este xogo foi concebido para axudar aos rapaces e rapazas a entender como funciona Internet e proporcionarlles os coñecementos que necesitan para convertirse en usuarios prudentes de Internet ... e divertirse xogando ao mesmo tempo.



jueves, 18 de febrero de 2010

UNHA OLLADA AO CEO DE INVERNO

Hoxe fomos cos rapaces e rapazas de Educación Infantil e de Primeiro á aula ambiental de Reciclaterra a botar unha ollada ao ceo de inverno e coñecer moitas cousas sobre o universo. Coa axuda dun gran telescopio ollamos a LÚA, ¡qué bonita! parecía case que podíamos collela coa man. Tamén vimos Marte .Despois no interior do recinto, aprendimos moitas cousas gracias o programa STELLARIUM : que había estrelas, que se xuntaban en constelacións, as galaxias, as nebulosas, a Vía Láctea, vimos a Perseo, a Cefeo, a Casiopea, a Andrómeda, a Pegaso,... Cando saimos fora, xa era de noite e poidemos observar a Sirius, a Orión,... pero tamén observamos a gran contaminación lumínica debida as luces das cidades.


Si queredes saber máis cousas sobre o tema e ver  fotos, non dubidedes en visitar o blog da profe Rosa "PEQUESPAZOS" e tamén o da profe Ángeles "CINCOANOSEMAIS".
E para aprender todavía máis sobre os planetas, os satélites e as estrelas, aquí vos deixo un enlace de Astronomía para Educación Infantil do Portal Educativo de Castela e León no que podemos: ver un teatro sobre os planetas, facer actividades en liña ou actividades para a aula.

domingo, 14 de febrero de 2010

FELIZ DÍA DE SAN VALENTÍN

San Valentín goza de moita popularidade sobre todo nos países de fala inglesa pero tamén en boa parte de todo o continente europeo incluída España. É unha oportunidade ideal para demostrarlles amor a todos os nosos seres queridos: familia, amigos, ... Desgraciadamente, os grandes centros comerciais aproveitan para facer do 14 de febreiro un gran día de consumismo ao estilo do Nadal.


Para divertirnos un pouco, tamén en San Valentín, vos deixo este fermoso puzzle

e tamén a Piolín facendo de Cupido para que o poidades colorear.


lunes, 8 de febrero de 2010

SORRÍ, XA É ENTROIDO!


Un ano máis, regresa o Entroido e con el as cores, as máscaras, os disfraces, ... Un ano máis os nenos e nenas e por que non, tamén os maiores, sairemos á rúa convertidos, a través dun disfraz, nese personaxe que sempre desexamos ser. Un ano máis, voltaremos a rirnos daquel paiaso, miraremos con tenrura aquela princesiña... e nos asustaremos ante aquel horrible zombie, monstruo ou pantasma!!! Entroido é música, cor e fantasía e tamén é historia e tradición.SORRÍ, chegou o Entroido, e con el, unha das festas máis divertidas do ano.

E para divertirnos nestas datas aquí vos deixo un xogo no que lle tedes que poñer a cada personaxe o sombreiro axeitado...


miércoles, 3 de febrero de 2010

UN CONTO DE INVERNO

Na páxina web "Cuentos para dormir" cuio enlace tedes na imaxe de arriba, podemos atopar moitos tipos de contos para oír e ler tanto en español como en inglés: contos clásicos , contos para educar en valores, ... Entre estes últimos, atopei o conto: "O paxariño preguiceiro" que trata dun paxariño que por preguiceiro ten que pasar o inverno só e nos ensina que a preguiza termina afectando negativamente a moitos aspectos da vida e que só podemos combatila con previsión e dilixencia.
Aquí vos deixo unha presentación que fixen de dito conto que espero que vos guste.