lunes, 7 de marzo de 2011

A TI MULLER, FELICIDADES

Mañá celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. Dende aquí quero rendir unha homenaxe a todas as mulleres anónimas que no seu día a día contribúen co seu traballo a acadar un mundo mellor. Todas aquelas que teñan ou non un emprego, son amas de casa, coidan dos seus fillos e en definitiva se ocupan das infinitas necesidades do seu entorno, profesional e familiar. A todas elas, FELICIDADES.

No meu blog AULATIC podedes atopar un video e uns libros LIM para traballar a  Historia da Muller Galega a través do tempo que atopei no blog "APRENDEMOS A CONVIVIR" de Rocío Méndez.

E ademáis aquí vos deixo o conto: "El príncipe ceniciento" moi útil para traballar a coeducación e a igualdade de xénero.



martes, 1 de marzo de 2011

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

O Entroido xa está aquí. O Entroido é ilusión, disfraces, cores, pinturas, caroutas, bailes, comparsas e moita diversión. É unha das épocas do ano preferida por nenos e nenas que esperan ansiosos o seu disfraz tanto no cole como na casa.

No meu blog AULATIC podedes atopar o LIBRO COLABORATIVO SOBRE O ENTROIDO e os VIDEOS do conto que fixemos nós, tanto en castelán como en galego.


Ademais, aquí vos deixo este antifaz para que pasedes un ratiño entretido decorándoo:


lunes, 14 de febrero de 2011

FELIZ DÍA


lunes, 7 de febrero de 2011

O LADO ESCURO DE INTERNET


Dende o 2004, tódolos anos a principios de febreiro (este ano coincide o día 8), celebráse en todo o mundo o "DÍA INTERNACIONAL DE INTERNET SEGURO" para promover nos xóvenes o uso responsable e seguro das novas tecnoloxías. Este ano o slogan é "É MAÍS CUN XOGO, É A TÚA VIDA".
Vos deixo un video de Fantastic Nikä onde nos amosa algúns dos perigos de Internet.



viernes, 4 de febrero de 2011

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Cada 30 de Xaneiro (aniversario do asesinato do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi) os centros escolares de todo o mundo, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, para fomentar a educación en e para a concordia, a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Neste día, convertímonos en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.


E vos, ... ¿QUEREDES SER CONSTRUCTORES DA PAZ? ¿QUEREDES SABER QUE PASOS TEDES QUE SEGUIR? UNICEF a través do seu programa "Constructores da Paz" vos guiará e amosará como selo. CANTOS MÁIS SEXAMOS, ANTES CAMBIAREMOS O MUNDO.

martes, 18 de enero de 2011

¿PAZ? SI, POR FAVOR

O vindeiro domingo, 30 de Xaneiro, é  o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Neste día lembramos que hai que apostar por un mundo en paz, onde a palabra dos fortes non é a loita e a violencia, onde aprendemos que a solución aos conflictos é a palabra e non a bala. É un día onde recoñecemos a aquelas persoas que loitaron, sin violencia, por acadar un mundo en paz. Tamén é o día no que aprendemos que ainda hai lugares no mundo onde a palabra PAZ todavía é un soño.
Aquí vos deixo este video sobre a Paz:


e este enlace a "Palabras Amigas" onde podemos atopar Xogos pola Paz como puzzles e sopa de letras. Clica na imaxe de abaixo.




No meu novo blog "Aulatic", tedes un libro de activades Lim sobre a Paz. Para acceder a el, clica enriba da imaxe.



E tamén a seguinte presentación pola Paz: "A paz constrúese co esforzo de todos/as"