sábado, 24 de octubre de 2009

A LENDA DA CABAZA

Voltamos cos celtas. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente. Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos difuntos. Aínda que hoxe en día xa non se practican tales crenzas, ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.QUERES TALLAR UNHA?



0 comentarios: