Hoxe é Noiteboa e a maioría de nós o celebraremos ceando en familia, con platos especiais acompañados de todo tipo de doces navideños : turróns, polvoróns, mantecados,...
Aínda que no noso país tradicionalmente foron sempre os Reis Magos os que viñan cargadiños de regalos, cada vez máis estase introducindo o costume de recibir regalos de Papá Noel durante o día de Nadal. Pero,¿quen é Papá Noel?
Papá Noel , tamén chamado San Nicolás, ten o seu taller de xoguetes na Colina da Orella (preto de Rovaniemi, en Finlandia), que recibe este nome porque, dende alí, pode oír a todos os nenos do mundo e saber que xoguetes queren e si se portan ben ou mal. Os elfos o axudan na fabricación dos xoguetes pero el mesmo e o que se encarga de repartilos, montando no seu trineo tirado por oito renos liderados por Rudolf, o reno do nariz vermello.
Como hoxe pola noite vai a ter moito traballo, primeiro ten que ponerse ben guapo, por iso imos axudalo a vestirse ...
ensinarlle o camiño polo que ten que ir para ir recollendo os regalos ...
e tamén a repartilos polas chimeneas das casas, pero temos que ter coidado porque se non guiamos ben a Papá Noel se pode lastimar.
1 comentarios:
Onde atopas estes xogos tan chulis? Seguro que tes axuda de Papá Noel, claro!
Espero que este ano que vai chegar veña cargado de desexos cumpridos e que xuntas atopemos moitos proxectos nos que traballar.
FELICES LECTURAAAAAAAS!
Publicar un comentario