martes, 5 de enero de 2010

XA VEÑEN OS REIS ...

En España é habitual que na víspera do día de Reis se celebre unha gran cabalgata. Nela podemos disfrutar vendo estupendas carrozas desde as cales lanzan caramelos. Pero sin dúbida a parte máis importante é a chegada dos REIS MAGOS montados nos seus camellos e acompañados polos seus paxes e todo, para celebrar unha noite chea de maxia.
Preguntarasvos como é posible que as súas Maxestades os Reis de Oriente poidan estar en tantas cabalgatas á vez pero a resposta é moi sinxela: son grandes Magos, polo que posúen o poder de estar en varios sitios á vez.
Pois ben, trala cabalgata hai que chegar cedo a casa. Os Reis están de camiño e deben comezar canto antes, xa que hai moitos regalos que repartir. Así que, limpade ben os vosos zapatos, tómade un vaso de leite quente e ¡A DURMIR! Si fúchedes bos e boas este ano, os Reis serán xenerosos. Pero lembrade que dende agora mesmo debedes portarvos ben; sempre hai alguén en Oriente vixiándonos e darán boa nota ás súas maxestades ao seu regreso a casa .
¡¡FELIZ DÍA DE REIS!!





Como os camellos están moi velliños e cansos e xa non lles quedan forzas para entregar os xoguetes nunha soa noite, os Reis Magos decidiron buscar unha solución para poder entregar os regalos a tempo. Por iso cambiaron as súas monturas polo TURBO JET PACK 3000, unha mochila voadora que funciona con po de estrelas.

0 comentarios: