sábado, 6 de marzo de 2010

A TODAS AS MULLERES DO MUNDO

Ano tras ano, o 8 de Marzo, comemoramos o Día Internacional da Muller. Este día serve para lembrar a miles de mulleres que loitaron, e incluso deron a súa vida por defender o dereito de igualdade para as mulleres.
O noso maior logro como mulleres, sería deixar de celebrar este día, porque iso significaría que no mundo non habería homes nin mulleres senón persoas. Persoas en igualdade de condicións, cos mesmos dereitos, as mesmas oportunidades,... e que a igualdade sería unha realidade e non unha palabra utópica que non se ve reflexada no día a día da convivencia entre homes e mulleres.




Vos deixo o conto en línea "UNA FELIZ CATÁSTROFE" de Adela Turin pois é unha boa ferramenta didáctica pensada para axudar a nenas e nenos de 6 a 10 anos a reflexionar sobre a desigual distribución dos traballos e as responsabilidades da vida cotiá entre homes e mulleres. Desigualdade que supón un obstáculo importante para o acceso das mulleres ás carreiras profesionais e políticas. Ao final do conto, atoparedes unha enquisa que sería interesante que fixerades.


Ademáis, na páxina Enrédate.orf con UNICEF atopamos TRES EN UN: "¿Reciben o mesmo salario os homes que as mulleres polo mesmo traballo? ¡Tres xogos entretidos que te abrirán os ollos".


1 comentarios:

Chispa dijo...

Gustoume moito o conto "Una feliz catástrofe". Creo que será interesante que o vexan os nenos e nenas maiores, porque é importante comprender a súa mensaxe.
Moitos bicos neste día a todas as mulleres, e para ti un especial por facer especial este día.