O Nadal tráenos lembranzas da nenez,dos seres queridos que xa non están con nós, trae luces, agasallos e tamén historias e contos que se multiplican co tempo. O Nadal fainos máis sinxelos, tenros, e por que non? Tamén máis nenos. A través dos seus contos, os grandes revivimos aqueles máxicos momentos da nosa infancia e fabricamos o recordo dos máis pequenos. É unha oportunidade única para cultivar valores tan importantes como a bondade, a solidariedade e o amor.
O Nadal tamén e época de xogos, de momentos compartidos. Así que neste Nadal, deixemos un momento de lado as nosas tarefas e concedámonos un tempo para disfrutar cos nosos fillos e xogar con eles. Podemos facer música apretando as narices dos renos ...
ou xuntar tres ou máis figuras iguais en horizontal ou en vertical, pero apurade tan só teredes tres minutos para facelo.
jueves, 17 de diciembre de 2009
CONTO DE NADAL
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
É un conto moi fermoso; sobre todo para recordarnos que o agasallo que máis valor ten é precisamente o que non se pode mercar...
Teño que confesar que me aplaudiron moito cando acabei de tocar "We wish you a Merry Christmas" apretando os narices dos renos. Haaa, haa, haaa! Que bo!!
Publicar un comentario