sábado, 19 de diciembre de 2009

¿SABÍAS QUE...?

¿Sabías que ... a palabra Nadal, ven do latín Nativitas, que significa Nacemento?
¿Sabías que ... o Nadal remóntase ás festas paganas romanas en honor a Saturno que se celebraban anualmente no mes de decembro?
¿Sabías que ... a árbore de Nadal, foi un costume orixinado nas zonas xermanas, que posteriormente extendeuse polo resto de Europa e América?
¿Sabías que ... as tarxetas de Nadal se comezaron a utilizar a partires do 1846, ano no que se imprimiu a primeira postal en Londres?
¿Sabías que ... nalgúns países como Italia, existe a lenda da meiga Befana, que estaba varrendo a súa casa cando pasaron os Reis Magos hacia o pesebre de Belén? Invitárona a ir con eles, pero a meiga non quixo acompañalos e despois arrepentíuse. Por iso, a Befana sae cada ano a repartir regalos, en busca do Neno Deus, como sinal de arrepentimento.

Imos xogar a un divertido xogo. "As bolas saltarinas", onde hai que ser moi rápido para conseguir que as bolas cheguen ata a árbore do NADAL.



0 comentarios: