viernes, 30 de octubre de 2009

MAÑÁ É A NOITE DE SAMAÍN

Falta xa moi pouco para que chegue a festa máis terrorífica do ano. A festa do SAMAÍN. Como é sábado e non temos cole, si estamos aburridos podemos probar a facer coa axuda dalgún "maior" unha ARAÑA ou un MÓBIL DE PANTASMAS para así decorar a nosa casa. (Si queredes parar nalgunha diapositiva, só tedes que clicar na esquina inferior esquerda).


miércoles, 28 de octubre de 2009

MÁIS XOGOS DO SAMAÍN

Como xa só restan TRES días para o Samaín ahí van tres xogos máis:
O primeiro é DECORA A TÚA CABAZA ( xa o di o nome: ímoslle poñer a nosa cabaza ollos, nariz, pelo,... e tamén bigote, gafas,vasoira, ... )


 O segundo é o clásico TRES EN RAIA pero ambientado con cabazas, atreveste a xogar?


E por último, pero non menos divertido temos o XOGO DE COLLER CABAZAS ( hai que coller todas as cabazas que poidamos pero ¡COIDADO! non collades as follas polo que poida pasar )



martes, 27 de octubre de 2009

SÓ RESTAN CATRO DÍAS

Só restan catro días para o Samaín . Así que hoxe vos deixo un enlace para colorear
e tamén un video da canción "MONSTRUOS E DEMAIS" do grupo musical "MAMÁ CABRA". Espero que vos guste.

sábado, 24 de octubre de 2009

A LENDA DA CABAZA

Voltamos cos celtas. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente. Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos difuntos. Aínda que hoxe en día xa non se practican tales crenzas, ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.QUERES TALLAR UNHA?



PERO... CALES SON AS ORIXES DO SAMAÍN?

Os celtas, antigos habitantes de Galicia, celebraban o 31 de outubro o aninovo. Nesa noite, as ánimas dos mortos, voltaban as súas casas para visitar as súas familias,quentarse ao carón do lume e comer os alimentos que lles tiñan preparados.

O cristianismo, adoptou o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, por iso ao primeiro de novembro se lle chamou día de Todos os Santos, e a partires do século XII, ao día seguinte día de Defuntos.

viernes, 23 de octubre de 2009

SAMAÍN E HALLOWEEN

<

Estamos achegándonos a unha data que aos rapaces e rapazas gústalles moito: "O samaín" (Halloween para os ingleses) por iso aquí vos deixo uns xogos moi divertidos para os máis pequenos: WACK O WHEEN( axuda á meiga a salvar a súa colleita de cabazas das pantasmas)

 
e JACKO MATCHO( pon a proba a túa memoria neste divertido xogo de parellas )



.