UN BIQUIÑO MOI GRANDE PARA TOD@S (seguiremos en contacto por suposto)
martes, 22 de junio de 2010
FELICES VACACIÓNS E ATA PRONTO!
UN BIQUIÑO MOI GRANDE PARA TOD@S (seguiremos en contacto por suposto)
sábado, 19 de junio de 2010
UN GOL POLA EDUCACIÓN
Con ocasión da Copa do Mundo da FIFA de 2010, a Campaña Mundial pola Educación (CME), respaldada polo mundo futbolístico e o equipo directivo da FIFA, inicia a a campaña 1 GOL, co obxecto de compremeter aos líderes mundiais, xunto a futbolistas e persoas afeccionadas de todo o mundo, a que unan esforzos para lograr un impulso definitivo na consecución da “Educación para todos e todas”.
Todos xuntos, lle faremos chegar a mensaxe de que o gol que temos que marcar é educación gratuita de calidade para cada rapaz e rapaza do mundo porque a educación é a chave para axudar a países enteiros a romper o ciclo da pobreza, asegurando que todas a nenas poidan crecer como iguais e ofrecendo a cada neno unha oportunidade xusta na vida. Pero na actualidade 72 millóns de nenos e nenas non poden ir á escola e 1 de cada 4 mulleres no mundo non pode ler esta mensaxe. Por iso, esta iniciativa é a nosa oportunidade para demostrarlle aos líderes mundiais que cando se trata de asegurar que todos os rapaces e rapazas do mundo teñan a oportunidade de aprender, a afección mundial toma partido pola educación.
Si queredes cubrir a vosa tarxeta amarela para que a editen hoxe mesmo premede na imaxe de abaixo:
Publicado por Ana Martínez en 15:26 0 comentarios
lunes, 14 de junio de 2010
IMOS RECICLAR POR UN PLANETA MELLOR
Hoxe tocoulle o turno aos nenos e nenas do primeiro ciclo de Primaria facer papel reciclado coa axuda da incansable profe Feli. Trátase dun proceso moi sinxelo que podemos facer na casa , iso sí, coa axuda e vixilancia dun "maior". Primeiro temos que cortar papeles pequeniños e poñelos uns cantos días en auga. Logo batemos coa batedora (un adulto por suposto porque é moi perigoso) ata formar unha mestura máis ou menos grosa. A continuación metemos o molde ata o fondo da tina e o subimos . Deixámolo escorrer un pouquiño, lle poñemos encima un papel de xornal e listo para darlle a volta. Agora só nos queda secar toda a auga que sobra cunha baeta e cando vexamos que xa non hai máis, con moito coidado levantamos o molde e .... por arte de maxia aparece o noso papel que dentro duns días estará enxoito e poderemos despegar do xornal.
QUEREDES VER COMO O FIXEMOS?
Publicado por Ana Martínez en 20:31 1 comentarios
domingo, 13 de junio de 2010
O MEU MUNDO EN PALABRAS
Publicado por Ana Martínez en 20:00 0 comentarios
Etiquetas: LECTOESCRITURA, PRIMARIA
miércoles, 9 de junio de 2010
pequeTIC
PequeTic é unha aplicación que serve para iniciar aos máis pequenos no manexo do ordenador. Ten actividades sobre números, letras, animais, o medio que nos rodea e as persoas. Algunhas delas coma o tangram, escribir palabras ou reciclar tamén poden ser utilizadas en primeiro.
Publicado por Ana Martínez en 0:05 1 comentarios
Etiquetas: pequeTIC
sábado, 5 de junio de 2010
COIDAR O MEDIOAMBIENTE É TAREFA DE TODOS
(Por Forges para o xornal O PAÍS)
"ADICADE AO MEDIO AMBIENTE O ANO ENTEIRO NON SÓ UN DÍA AO ANO"
Na área infantil do Ministerio de Medio Ambiente, podemos atopar xogos para divertirnos e tamén axudar a coidar o noso planeta. Clica na imaxe de abaixo para acceder.
Publicado por Ana Martínez en 0:10 0 comentarios
Etiquetas: MEDIOAMBIENTE, TERRA
jueves, 3 de junio de 2010
A CEBRA CAMILA
Publicado por Ana Martínez en 0:10 2 comentarios
Etiquetas: CAMILA, CEBRA, contos, KALANDRAKA
martes, 1 de junio de 2010
XOGAMOS COA LECTOESCRITURA
En "ESCOLA LLIUREX" da Generalitat Valenciana atopamos dous paquetes de xogos didácticos interactivos dirixidos ao alumnado de Educación Infantil é tamén de 1º de E.P. que poden ser utilizados na PDI (pizarra dixital).
Por unha banda, "LETRAS DE COLORES" que traballa cada un dos aspectos que interveñen no proceso lectoescritor.
Publicado por Ana Martínez en 23:05 0 comentarios
Etiquetas: LECTOESCRITURA