martes, 30 de marzo de 2010

A PASCUA

A Pascua ten tradicións divertidas. ¿Sabes por qué se regalan ovos o Domingo de Pascua? ¿E que pinta o coello en todo isto? A tradición de regalar ovos de Pascua ven de hai moitísimos séculos, máis dos que te poidas imaxinar. Todo é debido a que os cristiáns católicos non podían comer ovos durante os corenta días que duraba a cuaresma, así que os gardaban e cando remataba os regalaban (“imaxinade cantos ovos terían na despensa”). Esta tradición continuou principalmente nos países anglosaxóns, EEUU e en Europa Central. Soen estar pintados de diferentes cores e se regalan en pequenas cestas. Como a maioría deles son para os rapaces e rapazas na actualidade os ovos son de chocolate. En España é tradicional que o regalen os padriños. ¿E que pinta o coello en todo isto? Pois moi sinxelo … resulta que o coello é o que trae os ovos de Pascua.


Axuda ao coello a esquivar os ovos, ten coidado que non te caia ningún enriba.


Pero si o que queres e atrapar pitiños, ovos ou bolboretas atrévete con este xogo:


sábado, 27 de marzo de 2010

ÁBRESE O TELÓN E COMEZA A FUNCIÓN


Hoxe se celebra o DÍA MUNDIAL DO TEATRO . Resulta importante coñecer os beneficios que ten a práctica do teatro: permítenos expoñernos e representarnos ante os demais con espontaneidade, seguridade e confianza,ao mesmo tempo que nos da a posibilidade de incentivar e desenvolver a nosa sensibilidade e creatividade, cualidades indispensables hoxe en día.


E se estades interesados en coñecer máis sobre o teatro para nenos e nenas recoméndovos …



miércoles, 24 de marzo de 2010

XA ESTÁ AQUÍ A PRIMAVERA!

Pois ¡SI! xa chegou a estación máis pintoresca e divertida do ano. Todo énchese de cor e ilusión. As flores nacen, as bolboretas percorren os xardíns e os campos, os paxariños cantan...

Por fin rematan os días grises, fríos e chuviosos do inverno que non nos permiten estar ao aire libre. Xa está aquí a primavera que nos trae o bo tempo, ou polo menos iso esperamos.

E para que poidades traballar sobre a primavera aquí tedes o libro de actividades. Si queredes velo en pantalla completa, clicade no icono de arriba á dereita.


domingo, 21 de marzo de 2010

¿QUÉ É POESÍA? POESÍA...ERES TI


Hoxe celebramos o Día Mundial da Poesía. Esta commemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2000. Trátase de "fomentar o apoio aos poetas xóvenes, voltar ao encantamento da oralidade e reestablecer o diálogo entre a poesía e as demais artes". É unha boa excusa para volver a ler, difundir e coñecer un dos xéneros máis ricos e expresivos da literatura universal como é a Poesía.
Aquí vos deixo esta simpática poesía que seguro que aos máis pequenos lles vai a gustar moito:




E se queredes ler máis poesías e aprender cousas sobre os seus autores non dubidedes en premer na seguinte imaxe:


miércoles, 17 de marzo de 2010

FELIZ DÍA, PAPÁS!!

A pesar de que todos os días podes decirlle a papá canto o queres, o día do pai é un magnífico pretexto para reunir todas as demostracións de agarimo e facerlle a papá unha pequena homenaxe.
Podemos empezar enviándolle a seguinte felicitación ...




ou podemos facer con el este puzzle:


sábado, 13 de marzo de 2010

¿ES UN CONSUMID@R RESPONSABLE?

O 15 de Marzo celébrase o Día do Consumidor ou do Consumo Responsable. Este ano, o tema é:"Os nosos cartos, os nosos dereitos" e fai fincapé nos asuntos que preocupan aos consumidores en relación aos servizos financieiros.
Para aprender a consumir de forma responsable, podes dar unha volta en vasoira acompañad@ da meiga.



¡NON ESQUEZAS NINGÚN DOS CONSELLOS QUE NOS DAN!



E para facernos pensar un pouco imos ver o seguinte corto realizado por Pablo LLorens para SETEM Comunitat Valenciana. O dilema entre "Homo consumus" e "Homo responsabilus" analizado polo Profesor Setemius dende o seu programa "Grandes Documentais Marcianos".
¡¡¡NON SEXAS HOMO CONSUMUS!!! ¡¡¡EVOLUCIONA!!!




sábado, 6 de marzo de 2010

A TODAS AS MULLERES DO MUNDO

Ano tras ano, o 8 de Marzo, comemoramos o Día Internacional da Muller. Este día serve para lembrar a miles de mulleres que loitaron, e incluso deron a súa vida por defender o dereito de igualdade para as mulleres.
O noso maior logro como mulleres, sería deixar de celebrar este día, porque iso significaría que no mundo non habería homes nin mulleres senón persoas. Persoas en igualdade de condicións, cos mesmos dereitos, as mesmas oportunidades,... e que a igualdade sería unha realidade e non unha palabra utópica que non se ve reflexada no día a día da convivencia entre homes e mulleres.




Vos deixo o conto en línea "UNA FELIZ CATÁSTROFE" de Adela Turin pois é unha boa ferramenta didáctica pensada para axudar a nenas e nenos de 6 a 10 anos a reflexionar sobre a desigual distribución dos traballos e as responsabilidades da vida cotiá entre homes e mulleres. Desigualdade que supón un obstáculo importante para o acceso das mulleres ás carreiras profesionais e políticas. Ao final do conto, atoparedes unha enquisa que sería interesante que fixerades.


Ademáis, na páxina Enrédate.orf con UNICEF atopamos TRES EN UN: "¿Reciben o mesmo salario os homes que as mulleres polo mesmo traballo? ¡Tres xogos entretidos que te abrirán os ollos".


lunes, 1 de marzo de 2010

¡VAIA INVERNO !




Winter Comments and Graphics for MySpace, Tagged, Facebook
Levamos un inverno de neve, de auga, de vento... Tanto temos avisos de temporais como podemos ver a neve casi ao lado de casa. Imos falar desta última. A súa presencia sempre é motivo de ledicia para todos. Cambia a paisaxe, faina distinta e bonita, ilumínaa, e invita a xogar con ela, a tirarse bólas, facer bonecos, …

Pois agora imos facer nós un ...

e tamén tirar bolas de neve para axudar a Boowa a tirar os sombreiros.