martes, 25 de mayo de 2010

2010 ANO INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA


A Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou este ano 2010 como o Ano Internacional da Diversidade Biolóxica ou Biodiversidade, para destacar a importancia da biodiversidade na vida humana e sensibilizar a todo o mundo sobre a súa protección. O ritmo de extincións é "alarmante", segundo a ONU, mil veces o ritmo que sería normal: "Esta pérdida é causada pola actividade humana e estímase que poida ser agravada polas alteracións climáticas".
Si clicas na imaxe, entrarás nunha divertida páxina da Fundación Biodiversidade para nenos, con variados e entretidos xogos, contos, información, ...



E no Portal de Castilla - La Mancha, atopamos "Biodiversidad en el escondite secreto", para rapaces e rapazas de 6 a 13 anos con xogos, videos e información para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia da conservación da biodiversidade e o medio ambiente.



viernes, 21 de mayo de 2010

FESTIVAL LETRAS GALEGAS NO COLE


Hoxe celebramos por todo o alto,o día das Letras Galegas no cole. Tivemos un "superfestival" na Biblioteca con cancións (comezamos coma non co HIMNO GALEGO e rematamos con CANDO ME AGARIMAS EN GALEGO...), pandeireteiras, teatro, monicreques, poesías, adiviñas, audiovisual sobre a vida de Uxío Novoneyra, ... e incluso unha actuación sorpresa: veunos a visitar un "famoso" trío de cantantes. Que quenes eran? Pois as nosas profes Rosana, Feli e Ana Trastoy que cantaron moi pero que moi ben.

E para rematar, aquí vos deixo a actuación dos nenos e nenas do Primeiro Ciclo que fixeron unha obra de teatro titulada: "A LÚA QUERÍA CASAR".


Si queredes ver o resto das actuacións visitade os outros blogs do cole e a páxina web do noso centro cuios enlaces tedes á dereita na sidebar.

lunes, 17 de mayo de 2010

+ INTERNET + GALEGO + FUTURO


Hoxe en Galicia celebramos de xeito conxunto o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e o DÍA DE INTERNET. É unha boa ocasión para que reflexionemos sobre as posibilidades que teñen as novas tecnoloxías da información e da comunicación (as famosas TICS) para achegarnos á normalización da nosa lingua e á difusión e enriquecemento da nosa cultura.

Dende o entorno familiar e escolar debemos, non obstante, facer entender aos rapaces e rapazas que para utilizar a Rede, non basta con saber navegar por Internet e dominar as claves de acceso á información que lles interesa, senón que hai que ter criterio porque non todo o que existe no Ciberespacio é verdade e beneficioso para eles.

Aquí vos deixo este video educativo que amosa aos nen@s os perigos de Internet.




E tamén as fotos dos rapaces e rapazas de Infantil 3 e 4 anos e os de 1º facendo as actividades sobre Uxío Novoneyra na Pizarra Dixital. Clicade abaixo á dereita para poder velas a pantalla completa.




lunes, 10 de mayo de 2010

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Durante esta semana e a próxima,conmemoraremos con diferentes actos e actividades a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que este ano se lle adica a Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. Ademáis de numerosos poemas adicados a súa terra, ten libros de contos para nenos de sete a nove anos como son “O cubil de xabarín” , “Gorgorín e Cabezón” ou “Ilda, o Lobo, o Corzo e o Xabarín”.


Para que poidades traballar cos nen@s de Educación Infantil, preparei este libro LIM que espero vos sexa útil. Xa sabedes que si clicades na imaxe de arriba á dereita verase en pantalla completa.


E para traballar cos rapaces e rapazas do primeiro, segundo e tercero ciclo de primaria, no SEMINARIO GALAN podemos atopar actividades para imprimir e tamén actividades LIM para facer en liña. Aquí vos deixo o que fixeron para o primeiro ciclo:


martes, 4 de mayo de 2010

EUROPA SOMOS TODOS


O vindeiro domingo, celebraremos o "DÍA DE EUROPA" para recordar que un 9 de Maio de 1950 naceu a Unión Europea. Dende entón, esta data convertiuse no símbolo europeo que xunto coa bandeira, o himno, o lema e a moneda única (o euro) identifican a entidade política da Unión Europea.

Neste día, celébranse actividades e festexos que achegan Europa aos seus cidadáns e estreitan lazos entre os distintos pobos da Unión. No noso concello haberá unha Marcha por Europa ( para familias, nenos e mozos ferroláns), que ten como obxetivo implicar á sociedade na labor de recuperación e dinamización dos barrios históricos do Concello. Sairá as 11 da mañá do Cantón de Molíns e rematará no Baluarte de Canido, percorrendo A Magdalena, Canido e Ferrol Vello.

E aquí no colexio, para celebrar este día, nada mellor que recordar o que sabemos de Europa e ampliar os nosos coñecementos. Para iso, abaixo tedes unha serie de actividades coas que repasar, aprender , xogar e entretervos:

- O XOGO DAS LINGUAS :


- O XOGO DOS EUROS:



- O XOGO DOS HIMNOS:


- O XOGO DAS BANDEIRAS:




domingo, 2 de mayo de 2010

FELIZ DÍA MAMÁS!

Para as que sodes mamás, para as que axiña ides selo, para as que xa sodes nais por máis dunha xeneración, para as nais traballadoras e as que fan do criar un traballo, para todas … FELIZ DÍA DA NAI! Porque unha nai é capaz de dar todo sin recibir nada, de querer con todo o seu corazón sin esperar nada a cambio, de invertir todo sin medir a rentabilidade que lle aporte a súa inversión e de seguir tendo confianza nos seus fillos cando todos os demais a perderon. GRACIAS MAMÁS!

E agora podemos escoitar a canción da canguro "Canga" sobre as nais, incluída na película "A gran aventura de Piglet".