lunes, 28 de noviembre de 2011

APRENDO POR RUMBAS, MÉTODO DE LECTOESCRITURA

No blog "ENTRE PIZARRAS"  de Isabel, acabo de atopar este recurso interesantísimo para traballar a lectoescritura tanto de vogais como de consoantes. Chámase Aprendo por rumbas. No deixedes de velo, é interesantísimo. Clicade na imaxe para acceder.


MOITAS GRAZAS ISABEL POR COMPARTIR

viernes, 25 de noviembre de 2011

25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Educar en igualdade é unha das medidas máis eficaces e económicas para erradicar a violencia de xénero no futuro. Aquí vos deixo estes videos. Espero que vos sexan útiles.



E o conto de ROSA CARAMELO en flash. Clicade na imaxe para acceder.



sábado, 19 de noviembre de 2011

POCOYO E OS DEREITOS DA INFANCIA


Pocoyo e os seus amigos ensínannos os dereitos da infancia nunhas fichas para colorear especialmente deseñadas para os nenos e nenas de educación infantil (eu volas deixo en galego pero NESTE ENLACE as podedes atopar tamén en CATALÁN, VALENCIANO ou EUSKERA) ...



domingo, 6 de noviembre de 2011

O MAGOSTO

Para traballar o magosto, aquí vos deixo este libro Lim que preparei sobre o conto da castañeira que atopei en Edu365. 



E aquí tedes os dous que preparei o ano pasado para traballar o tema do magosto: