martes, 15 de marzo de 2011

UNID@S POR UN CONSUMO RESPONSABLE

Hoxe celebramos o Día do Consumo Responsable. Como consumidores e usuarios todos e todas temos uns dereitos e unhas obrigas. E son:



( clica nas imaxes para agrandalas)

Se queredes aprender moitas cousas sobre o consumo responsable e o medio ambiente aquí vos deixo esta unidade pensada para Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.


lunes, 7 de marzo de 2011

A TI MULLER, FELICIDADES

Mañá celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora. Dende aquí quero rendir unha homenaxe a todas as mulleres anónimas que no seu día a día contribúen co seu traballo a acadar un mundo mellor. Todas aquelas que teñan ou non un emprego, son amas de casa, coidan dos seus fillos e en definitiva se ocupan das infinitas necesidades do seu entorno, profesional e familiar. A todas elas, FELICIDADES.

No meu blog AULATIC podedes atopar un video e uns libros LIM para traballar a  Historia da Muller Galega a través do tempo que atopei no blog "APRENDEMOS A CONVIVIR" de Rocío Méndez.

E ademáis aquí vos deixo o conto: "El príncipe ceniciento" moi útil para traballar a coeducación e a igualdade de xénero.



martes, 1 de marzo de 2011

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

O Entroido xa está aquí. O Entroido é ilusión, disfraces, cores, pinturas, caroutas, bailes, comparsas e moita diversión. É unha das épocas do ano preferida por nenos e nenas que esperan ansiosos o seu disfraz tanto no cole como na casa.

No meu blog AULATIC podedes atopar o LIBRO COLABORATIVO SOBRE O ENTROIDO e os VIDEOS do conto que fixemos nós, tanto en castelán como en galego.


Ademais, aquí vos deixo este antifaz para que pasedes un ratiño entretido decorándoo: