domingo, 24 de octubre de 2010

CHEGA O SAMAÍN

 

O Samaín é unha celebración de orixe celta que nos últimos anos estase a recuperar gracias ao traballo realizado nas escolas e en varios concellos de Galicia.
Conta a lenda, que na noite do 31 de outubro as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.

Se  queredes é pasar medo, imos xogar a "SUSTOS NO CEMITERIO"


Para ver os xogos e actividades sobre o Samaín que puxen o ano pasado só tedes que clicar na imaxe da cabaza que está ao principio desta entrada.


jueves, 14 de octubre de 2010

OUTONO OUTRA VEZ

Tan, tan
¿Quen é? O outono outra vez. ¿Que quere o outono? O frescor da túa sen.Non cho quero dar. Eu cho quero quitar.
Tan, tan
¿Quen é? O outono outra vez

(Tradución libre de Federico García Lorca)


Como xa dí o poema de Federico García Lorca, outra vez estamos en outono. Caen as follas das árbores e os varrendeiros teñen moito traballo; algúns paxaros viaxan cara a terras máis cálidas; o tempo é triste, chuvioso e ventoso e por iso temos que usar chuvasqueiro, paraugas e botas; é o tempo da vendimia e tamén de probar moitos froitos secos: castañas, abelás, noces, ... e por suposto é tempo de pasear e de disfrutar.
¿Queres divertirte un pouco? Podemos empezar facendo caras divertidas con follas ou axundando a Chip e a Chop a recoller landras: