jueves, 29 de abril de 2010

E POR FIN CONDUCIMOS!!!!!!

Tal e como xa anunciei, hoxe fomos de excursión a Barallobre ao parque de Educación Vial. Alí nos deron unha clase teórica sobre os sinais de tráfico e tamén vimos un video moi divertido da DXT titulado "TUS AMIGAS LAS SEÑALES". Xa coñeciamos moitos dos sinais porque antes da visita, no cole estivemos facendo actividades sobre o tema. ¿Queredes velo? Clicando no botón de abaixo á dereita, o veredes en pantalla completa.



E despois da teoría, por fin chegou a práctica que era o que estabamos desexando. E por fin, todos conducimos,ATA AS PROFES! E xa sabedes ,para ver as fotos en pantalla completa tedes que premer abaixo á dereita e cando remate a presentación tedes que apagar o altavoz senón segue soando a música.




Ademais, a profe Ángeles, gravounos coa súa cámara de video para que poidades ver a cara de velocidade que temos.

QUE BEN O PASAMOS!



E se queredes ver aos máis pequerrechos, visitade o blog da profe Rosa, PEQUESPAZOS e o da profe Ángeles, CINCO ANOS E MÁIS.

miércoles, 28 de abril de 2010

APRENDEMOS EDUCACIÓN VIAL

Mañá imos de excursión ao parque de educación vial de Fene onde nos darán clases teóricas e prácticas. PODEREMOS CONDUCIR!!!! E para ir quentando motores imos aprender un pouquiño de educación vial.

Empezaremos coas sinais de tráfico:




E seguiremos co programa de Educación Vial de EDUCAPEQUES adaptado para cada grupo de idade,no que aprenderemos educación vial con xogos, actividades e videos explicativos realizados con debuxos animados. O programa plantexa todo tipo de situacións reais que os nen@s poden atoparse tanto na zona urbana como na rural.



viernes, 23 de abril de 2010

LEO, LEO, ... QUE LES?


Como xa todos sabedes, hoxe celebramos o DÍA MUNDIAL DO LIBRO. ¿E por que nesta data? Porque un 23 de abril de hai moitísimos anos morreron dous grandes escritores como son Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

Esta proposta foi presentada pola Unión Internacional de Editores á Unesco, co obxetivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual.

E ... ¿para que serven os libros? Os libros en xeral nos educan, ensinan e permiten explorar novos mundos; descubrir o descoñecido, interpretar o coñecido e despertar sensacións e sentimentos a través dos seus debuxos, das súas páxinas, dos seus personaxes. Temos que animar aos nosos "peques" a descubrir os mundos distintos e máxicos que habitan dentro deles


Se premedes na imaxe de abaixo iredes a "Leamos en familia" un sitio deseñado para axudar ás familias a ler, cantar e compartir contos na casa. Explorade se medo a casa interactiva.


E lembrade:
¡ NON DEIXEDES NUNCA DE LER!

miércoles, 21 de abril de 2010

A TERRA É A CASA DE TODOS


Mañá celébramos o 40 aniversario do “DIA DA TERRA”, xornada destinada a educar a tódolos habitantes do planeta acerca dos problemas que afectan ao noso medio ambiente e de formas nas que podemos colaborar para construír un futuro mellor.
É un día ideal para traballar cos nosos pequenos a importancia do coidado do medio ambiente no que vivimos. Ensinarlles que eles están en condicións de colaborar coa protección dos nosos recursos máis preciados no día a día, convertíndoos ademáis en pequenos voceiros que ensinaran o aprendido a compañeiros e incluso adultos. 

E agora imos divertirnos un pouquiño axudando a conservar a nosa terra RECICLANDO.

jueves, 8 de abril de 2010

DÍA DO POBO XITANO

Hoxe se celebra o "DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO" para o recoñecemento dos xitanos, a súa historia, a súa lingua e a súa cultura. Si ben durante un tempo foi unha celebración que pasaba desapercibida, na actualidade se conmemora en países dos cinco continentes, como unha chamada de atención á discriminación que, en moitas ocasións, aínda sofre esta comunidade.
No noso colexio, aproximadamente un vinte por cento do alumnado é de etnia xitana por iso dende aquí quero desexarlles a todos un ¡FELIZ DÍA!
Queredes coñecer a súa bandeira? Aquí a tedes:



A quen non sabedes o que significa? Pois ben:

- A cor azul simboliza o ceo, que foi o seu teito.
- A cor verde a herba, que foi o seu leito.
- E por último, a Roda, lembra as súas orixes viaxando polo mundo. É de cor vermella como o sangue derramado nas numerosas persecucións que sufriron.

miércoles, 7 de abril de 2010

E QUE COA SAÚDE NON SE XOGA

O Día Mundial da Saúde conmemórase todos os anos o 7 de abril para alertar á xente sobre os principais problemas de saúde pública. Este ano o tema elexido é a urbanización e a saúde para dar a coñecer os efectos que ten a urbanización tanto na nosa saúde colectiva, a escala mundial, como na saúde de cada un de nós.

Se queredes traballar o tema, aquí tedes a seguinte unidade didáctica que aínda que está feita para o primeiro ciclo de educación primaria é moi sinxeliña e tamén pode utilizarse en educación infantil.

É para divertirnos un pouquiño imos xogar ao seguinte xogo (unha pista, tes que usar a barra espaciadora para agacharte):