jueves, 30 de junio de 2011

O ABECEDARIO

No blog "INFANTIL ANTOÑÍTA" atopei este recurso sobre o abecedario para traballar en Educación Infantil e no primeiro curso do Primeiro Ciclo de Primaria. Hai catro niveis de xogo: principiante, intermedio, avanzado e final. Espero que vos guste.



viernes, 24 de junio de 2011

ESTAMOS NO VERÁN!!!!


Por se todavía non vos enteráchedes con todas as présas de final de curso, chegou o verán e con el as vacacións, a calor, a praia, ...


Pero non todo vai ser divertirse, nesta aplicación de "La Junta de Castilla y León" podemos atopar historias e xogos xunto a moitas actividades para repasar no verán. Clica na imaxe para acceder.


FELICES VACACIÓNS!!!!!!!!!!


domingo, 19 de junio de 2011

PINTANDO A TERRA

No blog REMENDOS, da profe Ángeles atopei este fermoso video que me gustou moitísimo. Aquí volo deixo para que poidades disfrutar con el.




domingo, 5 de junio de 2011

FELIZ DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Hoxe celébrase en todo o mundo o Día do Medio Ambiente. Nesta data debemos facer fincapé, para ensinar aos nosos rapaces e rapazas a coidar o planeta onde vivimos, fomentando neles o interés pola RECICLAXE, AFORRO DE ENERXÍA e a PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN.


Aquí vos deixo este conto educativo para colorear de SOGAMA (Sociedade Galega de Medioambiente), co fin de fomentar nos máis pequenos ( de 5 a 8 anos)  o gusto pola RECICLAXE. Espero que vos guste.