martes, 1 de diciembre de 2009

O cumpreanos da Constitución

Ola amiguiños! Chámome Constitución e estou moi contenta porque o 6 de decembro é o meu Cumpreanos e haberá unha gran festa para celebralo, ese día non teredes que ir á escola e na radio e na televisión falarán de min e me felicitarán. Quero ser amiga vosa pero como todavía non me coñecedes vos vou contar a historia da miña vida.
O primeiro que vos teño que dicir é que son un pouco rara porque o meu corpo está formado por folliñas de papel, coma un libro ou unha revista, non é como o voso. Non fun a primeira da miña familia, ya tivera varias antepasadas… ¿Qué pasa? ¿non sabedes que é unha antepasada? Antepasados son os familiares que naceron moitísimos anos antes que nós como os avós e os bisavós. Eu tiven seis antepasadas, pero cando nacín xa non estaba ninguna delas.
Nacín o 6 de decembro de 1978, así que agora vou cumprir 31 anos. Cando nacín todo o mundo alegrouse moitísimo porque desde que desapareceron as miñas antepasadas non había ninguna constitución en España.
Como xa sabedes, cando nace un bebé todo o mundo vai a velo e lle leva regalos, así que vos vou a contar o montón de cousas que me deron: o mago Catapún Chispún, que é moi amigo meu e sabe predecir o futuro díxome que falaría en castelá pero que como son moi listiña tamén falaría outras linguas cando saira de viaxe a algún sitios do meu país que é España. Regaláronme un vestido moi bonito feito coa bandeira de España. ¿Sabedes como é? Con dúas franxas vermellas e unha amárela no centro. Tamén me deron unha chapa cun escudo novo. Dende entón o levo sempre no meu vestido.
Estaba tan cansa ao acabar o día que despois de tomar o meu biberón quedei durmida e empecei a soñar. Soñei que ía voando polo ceo e vía moitas cousas feas: a xente rifaba por todo, había moitas discusións e pelexas, eu púxenme moi triste e quixen solucionalo, así que fun a unha casa onde estaban reunidos uns homes moi listos e pedinlles que escribiran no meu corpo unhas normas para que a xente se portara ben e non rifara máis.
Cando espertei ¡que sorpresa! Todo aquilo convertírase en realidade e o meu corpiño estaba cheo de letras. A noticia correu por todos os sitios e veña a vir outra vez xente e máis xente. Dende entón, cando as persoas empezan a discutir, len o que teño escrito no meu corpo para saber quen ten razón e chegar a acordos en lugar de pelexar.


0 comentarios: