sábado, 28 de noviembre de 2009

AUGA, o sangue da terra


Onte fomos coas nenas e nenos de Educación Infantil á Fundación Caixa Galicia a ver a exposición: "Auga, o sangue da terra". Alí nos mostraron tanto as paisaxes relacionadas coa auga como os estados nos que se atopa ou os diferentes usos que se fai dela. Con isto, trátase de concenciar aos rapaces/as da necesidade de utilizala axeitadamente ante a escaseza que hai dela nalgúns lugares do planeta así como das graves consecuencias que a poboación padece por culpa da súa contaminación.

Vos deixo un video de Doki onde descobre "O coidado da auga"




e tamén a Fluvi e o ciclo da auga, un simpático xogo online, onde o protagonista ten que rescatar gotas de auga, pechar billas dunha fábrica para que non contaminen as augas, limpar os ríos, eliminar aos "negas"(contaminación) , etc. Ofrece tres niveis de xogo para nenos/as de diferentes idades e, en cada fase, coñecerán algunhas curiosidades, consellos e recomendacións sobre o ciclo da auga e o seu uso. Un xogo educativo que lles fará pasar un rato divertido e proveitoso.


miércoles, 25 de noviembre de 2009

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, EDUCAR PARA A IGUALDADE

O concello de Portugalete ofrécenos varios recursos didácticos para a educación no Bo Trato entre iguais, con nenas e nenos de 8 a 11 anos.Así pois podemos atopar contos como "Unha familia moi normal" ou "Digan o que digan" e tamén xogos como "Tarefas do fogar" ou "Igual de profesionais".Con isto, pretende incidir na temática da corresponsabilidade e a conciliación da vida laboral, familiar e persoal e tamén desenvolver determinadas destrezas psicosociais coas cales nenas e nenos poidan ser máis competentes para afrontar os desafíos da vida cotiá.






Tamén na páxina web oficial de "Andaluna y Samir" posta en marcha pola "Junta de Andalucía" introdúcese aos máis pequenos nos conceptos de tolerancia e diversidade. Esta web está organizada a partir de 13 capítulos de diferente temática:
1.Integración de estranxeiros
2. As familias
3. IGUALDADE DE XÉNERO
4. Os nenos e a saúde
5. Denuncia do maltrato infantil
6. Respeto polo medio ambiente
7. Integración de persoas con discapacidade
8. Menores,xusticia e policía
9. A adopción
10. Bo uso das novas tecnoloxías
11. Violencia entre iguais
13. Cooperación e solidariedade

viernes, 20 de noviembre de 2009

INTERNET SEGURA PARA RAPACES E RAPAZAS

O martes, tivemos no colexio, un taller formativo sobre como debemos actuar os educadores sociais: pais e nais, mestres, ... para que os rapaces e rapazas fagan un uso adecuado e seguro das novas tecnoloxías entre elas Internet, videoxogos e o teléfono móbil así como poder previr o seu uso abusivo e prexudicial.
Para os pequenos pode ser difícil comprender os peligros de Internet, nembargantes, si a información se presenta de maneira divertida e atractiva pode facilitar a aprendizaxe.En Internet precisamente, atopei este xogo de SEGURIDADE EN INTERNET deseñado para informar aos nenos/as de primaria sobre seguridade e protección mentras navegan pola rede.

lunes, 16 de noviembre de 2009

OUTONO CHEGOU ...

Así empeza unha canción que a profe Ángeles ensinoume cando chegou ao colexio e que aos rapaces lles gusta moito.
Por fin rematei o libro de actividades sobre o OUTONO que ao igual que o do Samaín está enfocado aos rapaces e rapazas de E.I. e 1º ciclo de E.P. Non o subín antes porque sigo sin saber como facer para que non saia a pantalla da contraseña e haxa que entrar como convidado. Xa vedes que de portada lle puxen o bonito debuxo das setas que fixo Rosana para celebrar o Outono e o Samaín no colexio.Espero coma sempre que vos guste e vos sexa útil para traballar cos nen@s.

jueves, 12 de noviembre de 2009

SEGUIMOS EN OUTONO

A pesares de que nas rúas e nos grandes almacéns xa nos empezan a bombardear co Nadal, aínda estamos en OUTONO. Vai máis frío, sopra o vento, ás veces chove e temos que poñer máis roupa. As árbores mudan a cor das súas follas que de verdes pasan a marrón, caen e vanse co vento. Medran os cogumelos, hai moitos caracois e tamén esquíos; vanse as anduriñas e comemos noces, castañas, mazás, ...


E para continuar coas actividades do outono aquí vos deixo o enlace a OTOÑO VEDOQUE que seguramente moitos de vós coñecederes.

sábado, 7 de noviembre de 2009

POR QUE ÁS ARBORES LLES CAEN AS FOLLAS NO OUTONO?

Por qué cando chega o OUTONO, nalgunhas árbores as follas pasan de ser verdes a ser amarelas e marróns, ata que se secan e caen axudadas polo vento que cada vez sopra con máis forza?
Porque cando chega o frío as árbores deixan de producir clorofila que é o que lles dá a cor verde ás follas. Non poden tomar tanta auga do solo e para non secarse teñen que desprenderse das follas formando como unha película entre o talo e a folla que non deixa pasar a auga, por iso a folla se seca e o vento a desprende.

Aproveito para deixarvos uns puzzles preciosos de setas nos que podemos cambiar o número de pezas, si queremos que xiren ou non,...




e tamén uns debuxos de árbores e de setas para colorear. ESPERO QUE VOS GUSTEN.



miércoles, 4 de noviembre de 2009

A CASTAÑEIRA




O vindeiro venres celebraremos no colexio a festa do MAGOSTO e tamén do SAMAÍN (un pouquiño retrasado) por iso que mellor que escoitar o popular conto da CASTAÑEIRA ...


e tamén unha CANCIÓN aínda que non estea na nosa lingua, non si?




lunes, 2 de noviembre de 2009

ACTIVIDADES DE SAMAÍN

Non sei como fixen pero sin darme conta, borrei a entrada onde estaba o libro de actividades sobre o SAMAIN. Déixovolo outra vez por si vos interesa. Ás veces ao pinchar na imaxe non entra directamente. Na nova ventá que se abre, tedes que clicar en entrar como convidado.

ESTAMOS EN OUTONO




Estamos en OUTONO. Os paxariños marchan buscando a calor, as follas caen e mudan de cor, o día é máis curto quenta pouco o sol, as setas e as uvas ¡qué ricas son!

Buscando por aí, atopei este video que nos fala das características do outono. O contido está moi ben ainda que non tanto a calidade do son.