Hoxe celebramos por todo o alto,o día das Letras Galegas no cole. Tivemos un "superfestival" na Biblioteca con cancións (comezamos coma non co HIMNO GALEGO e rematamos con CANDO ME AGARIMAS EN GALEGO...), pandeireteiras, teatro, monicreques, poesías, adiviñas, audiovisual sobre a vida de Uxío Novoneyra, ... e incluso unha actuación sorpresa: veunos a visitar un "famoso" trío de cantantes. Que quenes eran? Pois as nosas profes Rosana, Feli e Ana Trastoy que cantaron moi pero que moi ben.
E para rematar, aquí vos deixo a actuación dos nenos e nenas do Primeiro Ciclo que fixeron unha obra de teatro titulada: "A LÚA QUERÍA CASAR".
E para rematar, aquí vos deixo a actuación dos nenos e nenas do Primeiro Ciclo que fixeron unha obra de teatro titulada: "A LÚA QUERÍA CASAR".
Si queredes ver o resto das actuacións visitade os outros blogs do cole e a páxina web do noso centro cuios enlaces tedes á dereita na sidebar.
1 comentarios:
Eu tamén o pasei moi ben. Gústame moito que subises o conto de "Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín". Enlaceino no blog da biblio.
Moitas grazas e bicos, bicos, bicos...
Publicar un comentario