lunes, 14 de junio de 2010

IMOS RECICLAR POR UN PLANETA MELLOR


Hoxe tocoulle o turno aos nenos e nenas do primeiro ciclo de Primaria facer papel reciclado coa axuda da incansable profe Feli. Trátase dun proceso moi sinxelo que podemos facer na casa , iso sí, coa axuda e vixilancia dun "maior". Primeiro temos que cortar papeles pequeniños e poñelos uns cantos días en auga. Logo batemos coa batedora (un adulto por suposto porque é moi perigoso) ata formar unha mestura máis ou menos grosa. A continuación metemos o molde ata o fondo da tina e o subimos . Deixámolo escorrer un pouquiño, lle poñemos encima un papel de xornal e listo para darlle a volta. Agora só nos queda secar toda a auga que sobra cunha baeta e cando vexamos que xa non hai máis, con moito coidado levantamos o molde e .... por arte de maxia aparece o noso papel que dentro duns días estará enxoito e poderemos despegar do xornal.


QUEREDES VER COMO O FIXEMOS?




1 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi ben, todos e todas, sen excepción,entendestes o proceso e soubestes elaborar o papel sen atrancos.
E a ti, Ana, grazas pola túa colaboración e por esa montaxe cunha música que lle vai como anel ao dedo.
Biquiños de Feli.